Fútbol
FÚTBOL

O fútbol alevín regresa ao Couto co memorial Lito

No campo do Couto este sábado día 16 de xuño, celebrarase o XIV Memorial Lito de fútbol 8 Alevín, participando 12 equipos

O próximo sábado día 16 de xunio, no campo do Couto, celebrarase a XIV edición do Memorial Lito de Fútbol 8 Alevín / Asociación Exjugadores de C.D. Ourense

Manuel Vieira Ferreira '' Lito''.

Naceu en Lobios alá polo ano 62. Na tempada 79/80 incorpórase ao Atletico Ourense xuvenil (Liga Nacional de Xuveniles), ás ordes de Diéguez. Na tempada 80/81-82/83 (con Cándido de entrenador) e na 83/84 xogaría no Atlético Ourense alternando algúns partidos co C.D. Ourense, e xa na tempada 84/85 en calidade de Sub-20 ascendería co C.D. Ourense a 2º B con Mario Guede.

Sempre estará o recordo do noso Amigo e Compañeiro '' Lito'', e qué mellor recordo que o de ter un '' Memorial''.

O próximo sábado día 16 de xuño, no campo do Couto, celebrarase o XIV Memorial Lito, participando os equipos alevíns, E.D.C. Verín, S.D. Ponferradina, E.D.Ourense, U.D. Ourense, Coruxo CF, E.D.C. Xinzo, E.D.C. Barbadas, C.D.Lugo, Ourense CF, C.P. Calasancio, U.D. Mos,Pabellón C.F.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00