SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
COPA DIPUTACIÓN LUGO

Vive a festa do fútbol lucense na radio

O domingo 24 a partir das 16:30 dende a Magdalena (Vilalba) vive a paixón do noso fútbol coa retransmisión do Friol - Antas na final feminina e o Outeiro - Páramo na masculina con Jesús Penelas e os comentarios de Sara Requeijo e Roberto Rielo

Un momento da final da Copa Deputación Lugo 2018 para equipos de 2ª e 3ª Galicia entre o Burela e o Brollón / Cedida

Lugo

Radio Lugo retransmitirá o próximo domingo 24 dende A Magdalena (Vilalba) as finais da Copa Deputación de Lugo de fútbol na súa edición 2018 para conxuntos femininos e de Primeira e Preferente Galicia.

Na final feminina veranse as caras a partir das 5:00 da tarde os conxuntos do Peluquería Mixta Friol e a SD Antas. As friolenses parten como favoritas xa que militan na Segunda División Femenina española, pero as antesas acaban de ascender a Primeira Autonómica nunha tempada na que únicamente perderon un partido. O Antas eliminou en semifinais ao Ribadeo-Pontenova e o Friol á Milagrosa.

Na final masculina para equipos de Preferente e Primeira Galicia enfrontaranse ás 19:00 horas no mesmo escenario o Outeiro de Rei e a SD O Páramo. Os chairegos veñen de descender en Preferente pero son un conxunto que se caracteriza por facer prácticamente todas as campañas un gran torneo copeiro.

Pola súa banda, o Páramo é a gran sorpresa do torneo. Tras salvar a categoría na liga de Primeira Autonómica na última xornada do campionato, fixo unha copa inmaculada eliminando a equipos da talla do Viveiro CF, a Sarriana ou o Lemos.

Ademais, ás 5 da tarde no Roca de Vilalba tamén se disputará o partido polo terceiro e cuarto posto na categoría feminina entre o Ribadeo-Pontenova e a Milagrosa.

Podes escoitar os encontros coa retransmisión de Jesús Penelas e os comentarios de Sara Requeijo e Roberto Rielo a partir das 16:30 no 93.7 FM, 1.287 OM, o portal web de Radio Lugo ou a APP móbil da Cadena SER, seleccionando a emisora Radio Lugo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00