Sociedad | Actualidad
XADREZ

O xadrez Ourense con Iván Salgado no Nacional

O Xadrez Ourense, liderado por Iván Salgado, debuta no nacional de Clubs de Linares (Jaén)

O conxunto ourensán, con Iván Salgado intentará pelexar ao máximo polas 2 plazas que dan dereito ao ascenso de categoría. / Xadrez Ourense

O conxunto ourensán, con Iván Salgado intentará pelexar ao máximo polas 2 plazas que dan dereito ao ascenso de categoría.

A andaluza localidade de Linares (coñecida mundialmente como ' Wimblendom do xadrez ', por ter sido escenario durante décadas do torneo de xadrez máis prestixioso de todos os tempos, no que figuras internacionales como Kaspárov, Kárpov ou Nand foron vencedores).acolle ata o sábado día 18 de agosto o Campionato de España de Clubs.

Entre os 28 equipos que figuran esta forte competición, estará o Club Deportivo Xadrez Ourense que nesta tempada ven de rematar subcampión na División de Honra Autonómica, e que viaxa a terras andaluzas con moitas ilusións depositadas nes cita 2018, principalmente grazas ao compacto bloque de xadrecistas cos que conta este ano, con especial mención ao Gran Mestre Iván Salgado, vixente Campión de España Individual.

Nesta cita nacional, como era de agardar, danse cita escuadras moi potentes como por exemplo 'Laboratorios Sys' de Paterna (nº 1 de ránking e que vai liderada por o número 1 Español, Paco Vallejo), ou os madrileños do Club Villalba.

En calquera caso o conxunto ourensán tentará pelexar ao máximo polas 2 plazas que dan dereito ao ascenso de categoría e estar entre o reducido número de equipos que comporán a 1ª División Nacional de cara 2019.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00