Ocio | Ocio y cultura
FÚTBOL

A U.D. Ourense, retira o equipo feminino da competición

A Unión Deportiva Ourense, retira o equipo feminino da Primeira Autonómica, por falta de xogadoras para completar un equipo que poida competir no campionato

Equipo da Unión Deportiva Ourense, que se retira da competición da Primera Autonómica, por falta de xugadoras. / Yedra Seara

Equipo da Unión Deportiva Ourense, que se retira da competición da Primera Autonómica, por falta de xugadoras.

Ourense

Comunicado de la Unión Deportiva Ourense:

Lamentamos comunicar a retirada do equipo femenino da 1ª Autonómica. O motivo é a falta de xogadoras para completar un equipo que poida competir no campionato de liga. A pouca máis de dúas semanas do inicio da competición tan só contábamos con 13 xogadoras, un número insuficiente para facer fronte a un campionato tan esixente como a 1ª Autonómica.

Agradecerlle o seu traballo e implicación a Rubén (adestrador estas tres tempadas), Jacobo (delegado e masaxista na pasada tempada). Sobre todo destacar a labor e implicación de Rubén, que foi máis alá da labor propia ddun adestrador, e sen cal este proxecto no tería comezo.

Tamén agradecerlle o seu apoio aos patrocinadores do equipo estas tempadas, e por suposto, darle as grazas as xogadoras que durante estas tempadas defenderon e levaron con gran dignidade o nome da Unión Deportiva Ourense e de Ourense por toda Galicia. Desexámoslle a todas elas o mellor deportivamente e persoalmente.

E, por último, lamentar a falta doutros moitos apoios necesarios para levar adiante un proxecto desta magnitude dun xeito máis solvente, lamentar a nula axuda do Concello de Ourense para co equipo feminino, a pesares de ser o único equipo feminino do concello, e tamén a da Asociación e Profesionales da Provincia de Ourense (AMEL), dúas institucións das que só recibimos boas palabras, dice o cumunicado da Unión Deportiva Ourense.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00