O mellor fútbol xuvenil galego no Seixo
O memorial Manolo Arnoya, reunirá este sábado no campo do Seixo unha mostra do mellor fútbol galego xuvenil, participando os equipos, R,C, Celta de Vigo, R.C. Deportivo da Coruña, C.D. Lugo e Ourense C.F.
Ourense
O campo do Seixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, acolle este sábado 25 de agosto a décima edición do Memorial Manolo Arnoya de fútbol xuvenil, que conta coa participación dos equipos, Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, C.D. Lugo e Ourense C.F. Un ano máis o memorial reúne aos equipos galegos que compiten nas máis altas categorías no fútbol español xuntos, nesta edición, ao Ourense Club de Fútbol, que obtivo a clasificación na fase previa que se disputou a pasada fin de semana.
Ao longo da mañá xogaranse as semifinais:
Celta de Vigo- Ourense C.F.ás 10:00h.
Deportivo da Coruña- C.D. Lugo. ás 12.00h.
Pola tarde xogaranse:
Terceiro e carto posto, ás 17 :00h.
Final, ás 19:00h.