Sociedad | Actualidad
Zumba Fitness

Derrubando barreiras a golpe de Zumba

Decenas de persoas afectadas polo dano cerebral adquirido enchían de ritmo as rúas de Lugo

Mesa informativa ADACE / ADACE

Mesa informativa ADACE

Lugo

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo (ADACE) quixo festexar o día do dano cerebral adquirido por todo o alto. O obxectivo? Rachar cos prexuízos e a barreiras do día a día e do deporte. Por iso, decenas de persoas afectadas polo dano cerebral, familiares e demais lucenses, se achegaron á praza da Deputación a bailar Zumba.

Diego Gómez, técnico de deportes de ADACE explica que este é un xeito de " demostrar que algo tan cotidiano como la zumba puede relizarse con todo tipo de personas, en este caso con limitaciones físicas", explica. Sentindo o ritmo da música, combínanse os movementos físicos, adaptados ás limitacións dos participantes, e en conxunto ármase unha coreografía. Tamén se sumaron a esta festa persoas en cadeira de rodas. Como? Bailando e seguindo o pasos cos seus brazos.

Hortensia é unha das usuarias de ADACE. Recoñece que a actividade foi espectacular, que o pasou en grande e quere destacar o saúdable que é a Zumba e o moito que lles axuda, tamén, a liberar a mente, "mens sana in corpore sano", dí reíndo. Este tipo de iniciativas non só benefician ós usuarios,  tamén ós seus familiares. Laura é unha delas. Remarca que con estas actividades "no solo ves la parte negativa" do dano cerebral adquirido. "Vemos como con un deporte inclusivo, la gente puede desenvolver actividades de ocio perfectamente"

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00