Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
CD Lugo

"Del primero al último, me han demostrado que están ahí", Monteagudo

O empate a un fronte ao Levante UD deixa aberta a eliminatoria

Alberto Monteagudo en rolda de prens / CD Lugo

Alberto Monteagudo en rolda de prens

Lugo

Era a terceira vez na historia do clube que o CD Lugo se cruzaba cun primeira. E non decepcionou. Tablas no marcador do Anxo Carro fronte a un Levante UD que ven de gañarlle no Bernabeu nada menos que ó  Real Madrid. 90 minutos cun xogo rápido, de ocasións para ambos equipos e nos que se puido ver a un Lugo máis vertical, cunha maior profundidade nos seus pases e facendo dano na área contraria. Algo que xa anunciaba o novo míster, Alberto Monteagudo, na súa presentación oficial: "Quiero a un Lugo más vertical y que haga daño". Insistía que había mimbres no vestiario e o certo é que onte quedou demostrado.

Dende que comezou a rodar o balón polo céspede, os locais non deixaban de buscarlle ás cóxegas ao conxunto valenciano. O partido púxoselles de cara ós albivermellos no minuto dez cun gol de Cristian Herrera, tras un rechace ó disparo de Campillo. Tocáballe facer os deberes ós de López. No minuto 30 comezaron a entrar no partido, as ocasións para ambos  comenzaban a sucederse, pero os pupilos de Monteagudo souberon manter a calma e defender o resultado.

Na segunda parte os valencianos subiron unha marcha. O partido igualábase e no minuto 54, o xogador cedido polo Real Madrid, Borja Mayoral, disparaba dende o costado esquerdo da área para colocar as tablas no marcador.  Tralo empate, ambos equipos alternaban as ocasións de perigo, quizáis a máis clara a de Jason, que mandaba o coiro ó palo esquerdo da portería de Varo.

O míster asegura estar moi contento coa imaxe que deu o equipo. Apenas vinte e catro horas despois de coñecelo cadro de xogadores, Monteagudo asegura que "desde el primero al último me han demostrado que estan ahí". Ve ó equipo cómodo no 4-2-3-1 polo que avogou e, di, seguirán profundizando neste estilo.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Alberto Monteagudo

00:00:0000:06
Descargar

A Copa da a oportunidade de desmostrar ós xogadores menos habituais o que valen. Campillo falaba así no remate do partido.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Campillo en zona mixta

00:00:0000:06
Descargar

Juan Muñíz é outro dos xogadores que pouco se colaran nas convocatorias. Tivo o segundo para o Lugo nas súas botas, pero di que foron tantas cousas as que se lle pasaron pola cabeza que non puido ser.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Juan Muñíz en zona mixta

00:00:0000:06
Descargar

O 1-1 deixa aberta a elminatoria destes deiciseisavos, que se decidirán en decembro en Valencia.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir