Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
CD Lugo

A maxia de Juan Carlos frea a remontada do Extremadura

O empate a un deixa ó CD Lugo na décimoterceira posición da táboa

Vieira no encontro ante o Extremadura / La Liga

Vieira no encontro ante o Extremadura

Lugo

Ó CD Lugo cóstalle atopala vitoria na casa. Tralo empate a un ante o Extremadura, os albivermellos suman o seu quinto partido sen perder e o cuarto que firman en táboas. "Teníamos ganas ya de hacernos fuertes en casa. Tocaba ya. Es un partido raro porque no hemos sometido al Extremadura hasta la segunda parte y me molesta que nos empaten en el minuto 46", reflexionaba Alberto Monteagudo no remate do encontro.

O partido deixa un sabor de boca agridoce no vestiario amurallado polo que puido ser e non foi. Abría o marcador o capitán, Carlos Pita, cun gol tempraneiro no minuto 6. Tras un saque de curruncho de Lazo que remataba no segundo pau, o cinco do conxunto local atinaba no rechace para colala pola dereira  na porteria que defende Álvaro Fernández.

Os extremeños intentaban sumar no luminoso, pero os locais defendían o resultado até a chegada da segunda metade. Do túnel de vestiarios saían os extremeños coas pilas cargadas. Moito máis enchufados e so tardaron un minuto e amosar as súas intencións. Así, Kike Márquez colocaba as táboas no marcador cun gol dende a frontal da área que remataba no fondo da malla da potería lucense.

Un partido de toma e daca. Moito xogo no centro do campo, pero opción para ambos conxuntos de levarse os tres puntos da xornada. A máis clara para o Extremadura nun penalti que despexaba Juan Carlos. O colexiado, Figueroa Vázquez, pitou un penalti por un agarrón de Borja San Emeterio a Giovanni. Enric Gallego, no que podería ser o seu derradeiro partido vestido a camisola verdiblanca do Extremadura, tivo a resposabilidade de lánzalo penalti que batía no muro de Juan Carlos.

Con este punto o CD Lugo queda na décimoterceira posición da táboa clasificatoria e o Extremadura UD na décimoitava

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir