Primeiro equipo de Quidditch de Ourense
O Quidditch, un deporte inspirado nas novelas de Harry Potter, xógase nun terreo con forma elíptica, e cada un dos campos está dotado de tres aros situados e un distinto nivel de altura
Ourense
Neste mes de setembro, e o co apoio da Asociación Universitaria de Ciencias da Educación, nace o primeiro equipo de Quidditch da Cidade de Ourense.
O Quidditch, un deporte inspirado nas novelas de Harry Potter, xógase nun terreo con forma elíptica, e cada un dos campos está dotado de tres aros situados a un distinto nivel de altura.
Para o xogo utilízanse tres tipos de sete xogadores(OBRIGATORIAMENTE MIXTO) cada un, distribídos a acordo co seu obxetivo:un gardián, dous golpeadores, tres cazadores e un buscador. O gardíán é o guardameta que se encarga de evitar que o equipo contrario introduza a quaffle nos aros do seu respectivo equipo. Os golpeadores son os encargados de repeler as bludgers, para protexer ao seu equipo delas. Os cazadores son os encargados de procurar introducir a quaffle a través dos aros contrarios.
Para rematar, o buscar/a é o encargado/a de estar atento durante todo o xogo para poder atrapar a snitch antes que o equipo contrario.Ao atrapar ´´ snitch´´ o xogo finaliza; O equipo que atrapa suma 150 puntos. Aínda que un equipo atrape a snitch, gaña o que acumule máis puntos polo que non sempre gaña o equipo que atrape a snitch.
O equipo, reúnese todos os xoves ás 17 horas no Pavillón de Estudiantes do Campus de Ourense, na sede da Asociación. Calquera persoa pode unirse ao equipo, que ten como obxetivo participar na Liga Galega de Quidditch, formada na actualidade por 5 equipos (dos cales o Lumos Compostela foi campión da Copa de España durante 2 anos consecutivos).