O IV Trail Ribeira Sacra reúne a 500 deportistas que disputarán probas de 24 e 47 quilómetros
Un total de 500 deportistas de 13 comunidades autónomas e de Portugal participarán o vindeiro 13 de outubro

O vindeiro 13 de outubro IV Trail Ribeira Sacra, co que colabora a Deputación de Ourense, unha proba cronometrada e competitiva das máis atractivas do calendario desde deporte / Trail Ribeira Sacra

Ourense
Unha proba cronometrada e competitiva das máis atractivas do calendario desde deporte, que se disputa no corazón da Ribeira Sacra, no Concello de Nogueira de Ramuín.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarA proba que colabora a Deputación de Ourense, comeza ás 8:00 horas (a de 47 quilómetros) e ás 10:00 horas (a de 24 quilómetros) e ao seu remate, a partires das 14:00 horas, terá lugar a entrega de premios e unha degustación de productos típicos.
Previamente, o sábado 12 de outubro, celebrarase no mosteiro de Santo Estevo unha xornada na que terá lugar unha charla coloquio sobre ´´ pasado, presente e futuro do trail´´ e, de seguido, a charla técnica da proba.




