Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 12 de Diciembre de 2019

Otras localidades

Carreira do San Martiño 2019

O vindeiro domingo día 17 de novembro, as rúas da nosa cidade acollerán a 43 edición da carreira popular do San Martiño

Ourense, xa está preparada, para a 43 edición da carreira popular do San Martiño 2019 /

Información a ter en conta:

Os corredores que non leven o dorsal-chip ben colocado no peito de maneira visible e sen doblar, non entrarán nas clasificacións.

A organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.

Só poderán permanecer no percorrido os vehículos de axuda que a organización estime oportuno, prohibíndose explicitamente o uso de bicicletas, patíns, carriños de bebé e/ou similares para evitar accidentes.

Será motivo de descalificación, entre outros os seguientes aspectos: Non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal no peito ou manipulado, falsificar, datos persoais e á suplantación de identidade.

Escolar:

Os adultos non poderán participar nín acompañar aos participantes na saída nin na meta, non poderán acceder ás zonas de avituallamento nin entrarán na clasificación.

Cativos:

Poden ir acompañados dun adulto responsable que a ningún efecto se considerará participante.

Saída da Ponte do Milenio:

Absoluta-11:00 horas-10 km.

Escolar-12:30 horas-4.7 km.

Cativos/as-13:20 horas-1.1 km.

Inclusiva- 13:30 horas-1.4 km.

Meta- Pavillón dos Remedios.

Para máis información, Consello Municipal de Deportes, Pavillón dos Remedios, R/ Pardo de Cela, 2. Ourense. Tel. 988 370 539. info@deportesourense.com

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?