Rosalía de Castro pon nome a unha estrela máis grande que o sol
Río Sar dará nome ao seu exoplaneta
A Coruña
A estrela HD 149143 chamarase a partir de agora Rosalía de Castro, en honra á poeta galega. O planeta que a orbita será bautizado como Río Sar, nome do afluente do río Ulla, que pasa pola Coruña, e que dá nome a un dos seus poemarios máis importantes "A beiras do Sar". Rosalía e Río Sar gañaron a votación online para elixir o nome da estrela e o seu planeta, dentro do proxecto impulsado pola Unión Astronómica Internacional ( IAU) que este ano cumpre cen anos nunha proposta impulsada por Agrupación Astronómica Coruñesa IO.
A estrela Rosalía é máis grande que o sol
Trátase dunha estrela amarela anana que se atopa a 240 anos luz da Terra. A súa masa é 1,21 veces a do Sol e o seu radio é tamén maior 1,49 veces máis. O exoplaneta que a acompaña, desde agora Río Sar é un planeta de tipo xigante gaseoso, e a súa masa é, como mínimo, 1,33 veces a de Xúpiter. Atópase moi preto da súa estrela e completa unha órbita ao redor dela en tan só catro días. É o que se coñece como un planeta de tipo júpiter quente. O sistema Rosalía de Castro e Río Sar atópase na constelación de Ofiuco (o encantador de serpes). España encargouse de elixir nome para estas estrela e a súa exoplaneta. Na votación Rosalía e Río Sar consigueiron 13.413 votos, máis dun 39% do total. Os nomes de Rosalía de Castro e Río Sar únense aos de Cervantes, Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea, que tamén se elixiron por votación en anos anteriores