Sociedad
DEPORTE

Convocadas as axudas a deportistas ourensáns cualificados 2018-2019

Un orzamento total destinado para esta finalidade ascende aos 30.000euros. O prazo para presentar as solicitudes finalizará o vindeiro 15 de xaneiro de 2020

Convocadas as axudas a deportistas ourensáns cualificados 2018-2019 / Deputación Provincial de Ourense

Ourense

A Deputación de Ourense convoca, un ano máis,as axudas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a tempada deportiva 2018-2019, tal e como publicou o Boletín Oficial da Provincia nº 289, 0 18 de decembre. O orzamento total destinado para estas axudas ascende aos 30.000 euros.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas que sexan deportistas federados, de categorías de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requesitos: que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a temporada 2018-2019, ou aqueles deportistas que non posúan licenza federativa por ningún club ourensán na temporada 2018-2019 pero, malia o anterior, se mantivesen vinculados ao deporte ourensán durante esa temporada, sempre que exista unha causa xustificativa do feito de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán, como a inexistencia de clubs ourensáns desa disciplina ou especialidade deportiva, a inadecuación destes clubs para o seu nivel de rendemento deportivo ou a necesidade de residir fóra de Ourense por motivos familiares, laborais ou académicos, ou calquera outra causa que xustifique a dita circunstancia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00