Sociedad | Actualidad
FÚTBOL

A escola galega de adestradores pon en marcha un curso de análise e scouting en fútbol

A actividade formativa desenvolveranse os sábados entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2020 na sede da RFGF en Santiago de Compostela

Os encargados de impartir maxisterio neste curso serán Juanjo Vila, Tito Ramallo e Francis Sánchez / RFGF

Os encargados de impartir maxisterio neste curso serán Juanjo Vila, Tito Ramallo e Francis Sánchez

Ourense

O curso estará estruturado en 5 xornadas presenciais. A distrubución das clases será de 10 a 13 horas.

Os encargados de impartir maxisterio neste curso serán Juanjo Vila, Tito Ramallo e Francis Sánchez.

Do mesmo xeito que acontece noutras ordes sociais, é evidente que o deporte en xeral e o fútbol en particular representan realidades en permanente evolución ás que é necesario adaptarse continua e adecuadamente . O fútbol dos nosos días está a evolucionar para converterse nun sector máis profesionalizado, é aquí onde emerxe unha figura cunha proxección e importancia cada vez máis necesaria dentro dos clubs e equipos. Falamos dos Analistas Tácticos e os Scouters.

Por tanto, neste curso de iniciación a Escola Galega de Adestradores da Real Federcaión Galega de Fútbol tratará de dar resposta a cuestións crave como as seguintes: Que hai que analizar do propio equipo ?Que hai que analizar do rival ? Como presentar un informe ? Que programas  pódense usar para elaborar a análise ? Como realizar un seguimento a nivel do xogador ? Na guía que se adxunta xunto con esta noticia establécense as bases da convocatoria do Curso de Análise e Scouting en Fútbol, organizado pola Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol e Fútbol Táctico Group.

Os ensinos do curso desenvolveranse os sábados entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2020 na sede da RFGF en Santiago de Compostela. O curso estará estruturado en cinco xornadas presenciais que se desenvolverán durante 5 sábados entre o 11 de xaneiro de 2020 e o 8 de febreiro de 2020. A distribución das clases será de 10 a 13 horas.

A carga lectiva é de 16 horas distribuídas da seguinte forma:

Carga presencial. mediante cinco xornadas presenciais, compostas de 3 horas lectivas cada unha.

16 horas ( teórico-prácticas)

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00