Martes, 24 de Noviembre de 2020

Otras localidades

Fitness

Descubre as tendencias fitness do 2020

Triunfan a tecnoloxía e os adestramentos personalizados

Os adestramentos en grupo cada vez están máis demandados

Os adestramentos en grupo cada vez están máis demandados / CANVA

O fitnesslife, o amor polo deporte é un estilo de vida que cada día gaña novos adeptos. Comer de xeito saudable, escapar dos ultraprocesados e, como non, engarcharse ó deporte son os principais ragos destes novos mortais. E si, está de moda.

Coma tódalas modas, hai tendencias. As cousas van e veñen, e non ía ser menos no mundo do deporte. A  ACSM (American College of Sports Medicine), publica, coma cada ano, a listaxe de tendencias fitness que o rebentarán nete 2020. E por certo, con poucos cambios, xa que, segundo o noso experto, Isaac Videchao,"dende  o 2017 o mundo fitness está moi asentado".

Pero se eres dos que se animan a probar sorte na fitnesslife este ano toma nota, porque aquí está o Top 5 das tendencias fitness:

1. Tecnoloxía wearable

O primeiso que se busca con este cambio de hábitos é observar un rápido cambio físico. Ás veces tarda en chegar, xa que falamos de exercicio e non de maxia, pero levar encima un elemento que confirma que o esforzo está a ter a súa recompensa, motiva.

Xa non basta con equiparase con roupa deportiva, combinar as zapatillas de deporte cos calcetíns e levar a toalla para limpialo suór. Agora o indispensable é a tecnoloxía. "Podemos integrar nos adestramentos dende elementos sinxelos coma un reloxo con GPS, que calcule o gasto eneréxtico ou os pasos que das ata máscaras de hipoxia".

As máscaras de hipóxia son uns elemetos que cubren naríz e beizos que reducen a dispoñibilidade de osíxeno e que axudan a mellorar a capacidade de resistencia.

2. Adestramentos HIIT

Os adestramentos de alta intensidade están cada día máis demandados, sobre todo pola súa efectividade e polo tempo que leva realizalos. A cambio de traballar en pouco empo o HIIT pídeche un alto rendemento neses intres. Por iso, nun momento no que vivimos rodeados de prisas e escaso tempo, estes traballos de ximnaiso están cada vez máis demandados.

3. Adestramento en grupo

"O sufrimento compartido lévase mellor". O traballo e grupo está a triunfar grazas o seu compoñente social. Non é o mesmo estar solo e manter un compromiso individual co adestramento que de xeito grupal. "O sentimento de pertenza, de estar a gusto co grupo, de axudar o grupo... é idóneo para que o exercicio se realice dun xeito máis placentero"

4. Adestramento con pesos libres

Cólase no ranking os adestramentos con peso libre. É dicir, traballo con aqueles pesos que permitan liberdade á hora de movernos. Escapar de máquinas ou circuitos controlados que nos aten. Neste tipo de adestramentos o que se busca é que o deportista execute con liberdade dos movementos acompañado de pesos. 

Aquí entran en xogo as mancuernas, os kettlebells, as  barras ou balóns medicinais. Este tipo de traballo require un amplo coñecemento do noso corpo. Pero axudarán a entender o traballo corporal dun xeito máis sinxelo,  pois os movementos son moi similares ós que realizamos naturalmente.

5. Adestramento persoal

Pecha o ranking o adestramento persoal. Cada persoa é un mundo "cada un temos as nosas características e queremos que se adapten a nós". Os adestrementos persoais van ano a ano incrementan o seu auxe. E é que fixarse obxetivos persoais cada vez está máis en mente de todos. 

"Aumenta a concienciación de adestrar adecuándonos as nosas necesidades.O traballo non queda só no ximnasio, hai que estudar en que se traballa, como é o día a día de cada un, como son as actividades físicas que se realizan fora do ximnasio... e todo isto nun adestramento eprsoal se estuda".

Se queres saber máis, dalle ó play!

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?