Salta a corentena e obriga a desaloxar un tanatorio
O velorio, que tiña lugar na Ponte do Porto, foi suspendido pola Garda Civil. Hoxe entran en vigor nomas normas para os enterramentos
A Garda Civil viuse obrigada a intervir onte nun velorio que tiña lugar no tanatorio da Ponte do Porto, no concello de Camariñas. O motivo foi a presenza dunha muller que debía gardar corentena e que asistiu ao acto fúnebre.
O feito tivo lugar a media tarde de onte mércores, cando a Garda Civil de Vimianzo acudiu ao tanatorio ao recibir o aviso da presenza dunha muller que tería quebrantado a corentena. Os axentes retiveron aos presentes á espera do que determinasen as autoridadaes sanitarias.
Logo deste suceso o tanatorio viuse na origa de realizar unha completa desinfección das súas instalacións, mantendo o feche das mesmas durante un período de doce horas, co que esperan reanudar as súa actividade hoxe a mediodía. Pola súa banda, os asistentes ao velorio deberán efectuar as probas de detección do COVID-19 nos próximos días.
O suceso coincide coa entrada en vigor das novas normas establecidas pola Xunta para os actos funerarios. A normativa, publicada hoxe do DOG, establece a eliminación do período mínimo de 24 horas que debería transcurrir entre o pasamento e o enterro. Na mesma disposición establécese a prohibición da realizació de actividades de tanatopraxia e tanatoestética (maquillaxe dos cadáveres), a limitación ao máximo da presenza de persoas no local que acolla o velorio (nunca más de oito) ou a prohibición da presenza de persoas con claquera síntoma respiratorio. Ademáis tamén se evitarán bicos, apertas ou manifestacións de afecto de calquera tipo; ou mesmo tempo que se limita a 20 o número máxmo de asistentes ao percorrido fúnebre ata o cemiterio.