Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Actualidad
Eu nunca...

... fixen exercicio na casa

A Coruña

Ola, que tal, como o levades? Pois eu estou a tope collendo a forma física. A forma física redonda concretamente, pero é que non hai maneira de facer exercicio na casa. Estiven buscando información de que exercicios facer pero non acabo de atopar o que se me axusta.

Por exemplo están en auxe os canais de YouTube que tes aí a un instructor que vai facendo rutinas e tal e que, aínda que che berre, isto ten unha vantaxe, podes responderlle de volta que non se vai enterar. Aínda que iso tamén nos leva á desvantaxe de que nos podemos escaquear e non nos vai dicir nada.

Ao final cada un pois busca o que mellos se lle adapta ao que se entretén. Eu probei un xogo destes de bailar coa videoconsola, que co móvil na man detéctache os movementos, e ao principio ben, pero cando xa lle pegaches tres golpes á lampara do teito, o teu meñique do pé golpea a mesa outras tantas e o móbil escápaseche cada dous por tres pois xa desistes. Que teño o móbil que fixo máis pasos ca min.

Entón, o que tou facendo é alongar tarefas da casa para facelas máis "fitnesseables" (ou como se diga). Por exemplo, que se che caen guisantes ao chan, pois a apañalos de un en un ca man. A roupa do tendal vouna levando ao armario de unha en unha. Estou xerando unha corriente tal no pasillo que en nada me instalan un xerador eólico.

En fin, que como isto non era moi ortodoxo busquei algo máis de información e atopei o meu exercicio ideal: as flexions na parede. Di o texto: "Se as flexións no chan non son o teu -que non o son- apoia as mans na parede". Así que nada, póñome a iso pero a pouquiños, hoxe só a 5 cm de distancia da parede, mañá xa máis, 5,1...

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00