Economia y negocios
AXUDAS SOCIAIS

O Concello de Ourense aproba as bases das axudas para libros, material e comedores

O prazo para presentar as solicitudes abrirase dende o día seguinte a publicación no BOE

A adquisición de libro e material escolar supón un importante desembolso para as familias / Flickr.com

Ourense

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou nunha xuntanza extraordinaria celebrada esta mañá as bases das axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021.

O Concello eleva este ano en máis de 50.000 euros a dotación da convocatoria, que ascende a un total de 294.250 euros, dos que 269.000 serán para axudas para comedores escolares (fronte aos 223.348,47 do curso anterior) e 25.000 para libros (20.000 no curso 2019/2020).

As axudas están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense empadroadas no Concello de Ourense que non superen os 3.500 euros de renda per capita anual, que teñan nenos ou nenas ao seu cargo estudando en centros públicos ou concertados de Ourense.

A convocatoria de axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, e ao día seguinte abrirase o prazo para presentar as solicitudes.


requisitos

Son os mesmos da convocatoria do curso anterior, son que a familia estea empadroada no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia e non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algunha das persoas unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (aquela constituída por unha soa persoa proxenitora ou titora con que convive o neno ou a nena, e que sexa a única sustentadora da familia).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00