Más deportes | Deportes
FÚTBOL

As peñas da Unión Deportiva Ourense rexeitan a fusión do Concello

Para as Peñas da U.D. Ourense, esta operación supón, na práctica, a sua desapareción cando levan só 6 anos de vida

As peñas da Unión Deportiva Ourense rexeitan a fuxión do Concello de Ourense / Peñas U.D. Ourense

Ourense

Manifesto Das Peñas Da Unión Deportiva Ourense:

As Peñas da Unión Deportiva Ourense e diversos seareiros/as do club diriximos este manifesto a toda a afección do fútbol na provincia de Ourense a a todos os ourensáns en xeral.

Obxectivos da U.D. Ourense:

 Os alicerces básicos da Unión Deportiva Ourense (entidade sen ánimo de lucro) son honrar a memoria de C.D. Ourense (nunca suplantado), potenciar o deporte base e o deporte en xeral. Divulgar a riqueza de Ourense e provincia. Fomentar o espíritu de unión,  deportividade e  compañerismo.

Impulsores Da Fusión:

Ourense CF: O Ourense CF coas súas correspondentes  denominacións ( Puente CF, Ponte Ourense CF e Ourense CF) supera os 40 anos de vida. Neste tempo nunca estivo nunha categoría superior á 3ª división. Este club acumula unha débeda recoñecida de 650.000 euros o que deixa claro que non é sostible nin en terceira división. Este cpncepto choca frontalmente co da UD Ourense nun aspecto esencial: o de fomentar a base, entre outros cousas, para nutrir ás plantillas dos primeiros equipos de Ourense, como se constata na presenza residual de xogadores ourensáns no Ourense CF.

Concello de Ourense: O novo club que xurdiría da desaparición da Unión Deportiva Ourense estaría baixo a propiedade do Concello de Ourense. Consideramos que unha  institución pública  NUNCA pode ser a propietaria dun club porque, aínda que as intencións iniciais puideran ser boas, con frecuencia cambian de cores políticos ( nos últimos 13 anos, tivemos 7 alcaldes diferentes) quedando o proxecto supeditado ós intereses das sucesivas corporacións.

Conclusións: NON A FUSIÓN:

As Peñas da Unión Deportiva Ourense reixeitamos esta operación que supón, na práctica, a nosa desaparición cando levamos cumpridos só 6 anos de vida os nosos obxectivos: un club que deportivamente pasou desde 2014 de 3ª Rexional a 3ª División, os equipos da nosa base están nas mesmas categorías a pesar da carencia de instalacións que sufrimos historicamente, socialmente somos un club consolidado na cidade de Ourense e agardamos chegar a selo tamén na provincia e economicamente somos un club saneado dende a súa fundación garcias ó traballo das directivas,  voluntarios e seareiros en xeral e ó impagable apoio dos nosos patrocinadores.

Non contemplamos como opción a fusión (ou absorción por  calquera das partes) con un club que en máis de 40 anos chegou a mesma categoría que nós en só 6 (aínda  que este ano poda rematar unha por adiante), que socialmente se permitiu renunciar  a súa fiel masa social no seu barrio de nacemento (A Ponte) a cambio de non ter practicamente seareiros/as e que para ter a opción de acadar un éxito deportivo nunha categoría como a 3ª División acumula unha débeda recoñocida de 650.000 euros.

Non contemplamos como opción que o propietario do novo club que poda xurdir de nós sexa o Concello de Ourense coa alternancia propia dunha institución pública, non podemos permitir que o noso futuro o decida a corporación municipal que estea nun momento concreto.(Manifesto asinado polas Peñas da Unión Deportiva Ourense).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00