
A crise interna no PSOE ameaza a estabilidade do goberno
Un ano despois da súa victoria nas eleccións municipais de 2019, o goberno socialista de Muxía liderado por Iago Toba, está a pasar agora polo seu momento máis difícil debido ao desentendemento entre alcalde e concelleiros.
Todo comezou cando a teniente alcalde e concelleira de cultura e educación, Mónica Vilela se abstivo na votación dos orzamentos no último pleno. O rexedor denunciou a ruptura da disciplina de partido e a cesou das súas ocupacións, antes de publicar un comunicado que máis tarde sería respaldado pola dirección provincial do PSOE.
Non quedou ahí a cousa xa que non foi so Vilela, a número 2 das listas municipais a que manifestou o seu malestar coa forma de gobernar de Iago Toba.
Escoita a entrevista completa para saber máis!
