Nordés Hora 14
Actualidad
Muxía

Respaldo total da dirección provincial do PSOE a Iago Toba

Entrevista José Mauel Lage (24/07/2020)

No último pleno, que o propio alcalde cualifica de “vergoñento”, o punto máis polémico era o da votación para retirar a dedicación exclusiva á concelleira Mónica Vilela quen xa lle foran retiradas as súas funcións dentro do goberno. A votación non saíu adiante debido ao voto en contra de 4 dos 7 concelleiros socialistas deixando en minoría ao alcalde Iago Toba.

As diferenzas dentro do equipo de goberno ven xa dende hai semanas pero foi con este bloqueo cando se fai totalmente patente e deixa claro que Toba non vai poder gobernar nse non arranxa os problemas cos seus concelleiros.

O que si ten o alcalde muxián e o respaldo do partido a nivel provincial, así o asegurou o responsable de organización dos socialistas coruñeses José Manuel Lage hoxe en Radio Nordés. Tuñas tamén pediu aos concelleiros rebeldes que reflexionen, rectifiquen e deixen de estar do lado do PP, advirte que de non ser así o partido tomará as medidas oportunas.