A Casa da cultura de Vimianzo acolle 'Invisibles'
Redrum Producciones achega este espectáculo á Costa da morte
A Coruña
Tres mulleres é unha peza teatral cuxo interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas.
O seu obxectivo é concienciar e sensibilizar aos espectadores e espectadoras con esta lacra . Debido ao seu contido dalgunhas das situacións non se recomenda para menores de 12 anos, o vindeiro día 30 chega a Vimianzo e se poderá ver na Casa da Cultura.
Un lugar indeterminado. Tres mulleres. Sete testemuños reais. Setenta minutos. Un millón de razóns para falar do abuso. Non hai máis invisible. Invisibles é un espectáculo de creación colectiva baseado na novela homónima de Monste Fajardo, que presenta ao público varias historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero.