250 deportistas daranse cita na XXXVII Copa Deputación de Atletismo
A XXXVII Copa Deputación de Ourense de Atletismo reunirá a 25 deportistas das categorías Sub 14 e Sub 16
Ourense
Destacar a importante partcipación feminina con 154 mulleres inscritas que, xunto aos 96 homes participantes, protagonizarán este evento durante catro xornadas.
Esta Copa Deputación, organizada pola Federación Galega de Atletismo a través das súas delegacións en Ourense e Valdeorras, desenvolverase en catro xornadas que darán comezo o vindeiro sábado día 26 de setembro, no Campus Universitario de Ourense. Continuará no Estadio de Calabagueiros, o 3 de otubro, coa segunda xornada. Posteriormente a competición volverá ao Campus de Ourense onde se celebrarán a terceira e cuarta xornada da Copa, os días 17 e 24 de outubro, respectivamente.