Deportes
Fitness

Evitar maniotas é posible

Non bebas máis agua con azucre e aprende a minimizar esa dor tan incómoda en sinxelos pasos

As maniotas son microrroturas de fibras musculare / Pexels

Lugo

As maniotas son a resaca do exercicio. Non son poucos os que despois de visitar o ximnasio tras unah longa tempada sen calzarse as deportivas deciden non volver polas dores musculares do día, ou días, seguintes. Describir as consecuencias das maniotas é sinxelo: Non te podes mover.

As maniotas non son máis que microrrturas de fibras musculares que  aparecen despois de reliazar un esforzo ó que o noso corpo non esta acostumado. O músculo está formado por fibras que, á súa vez, están conformadas por coláxeno. Ó romper este coláxeno, o músculo inflámase e provoca esa tan incómoda, e coñecida, dor.

Ademais de ser molesta e dolorosa, a inflamación do músculo reduce o rango de movilidade, o que explica que durante uns días o deportista amateur semelle ter  tragado un garfo no logar de visitar ó templo da suor.

Pero non só os novos talentos de ximnasio se poden ver amenazados polas maniotas, tamén entran la listaxe de obxectivos os deportistas experimentados. É certo que adoitan aparecer nas primeiras tomas de contacto co deporte proque o corpo pasa de cero a cen en pouco tempo, pero tamén xorden nos músculos que non se traballan de xeito específico. Por exemplo, se o traballo realizado no ximansio se focaliza nas pernas, cando se xogue ó tenis, poden aparecer nos brazos, porque non están o suficientemento traballados.

En resumo, as maniotas prodúcense polo esforzo realizado durante o exercicio. Beber auga con azúcre antes ou despois non é máis que un conto tradicional. Non hai nada que o demostre. O que si se sabe é que as maniotas vánse con máis exercicio. Algo lixeiro que permita ó corpo ir soltándose e que o sangue chege, comodamente, ó músculo inflamado. Deste xeito hidratarase e recuperará sinxelamente o coláxeno roto.

Isaac Videchao explícanos como evitar as maniotas

07:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1604411950_487348/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad