Sociedad
A Coruña

Acampa volve á Coruña coa denuncia do espolio dos recursos naturais

Terá forma de exposición urbana, entre o 12 deste mes e o 14 de decembro, na Avenida da Marina

Acampa Coruña / Acampa

A Coruña

Acampa pola paz e o Dereito a Refuxio celebra o seu cuarto encontro. Este ano non se celebrarán nin campamentos nin conferencias ou mesas redondas polas restricións derivadas da pandemia pero a organización quere manter o espírito da rede. Poñerá o foco nos efectos do espolio dos recursos naturais en moitos puntos do planeta.

O coordinador de Acampa, Xosé Abad, pon Alcoa como exemplo: "Aquí temos como expolian vos recursos públicos e despois abandónase ou territorio deixando un rastro de miles de familias sen traballo co patrimonio público esquilmado".

O encontro terá forma de exposición urbana, entre o 12 deste mes e o 14 de decembro, na Avenida da Marina, con imaxes captadas por fotoperiodistas que mostran os efectos devastadores do abuso sobre os recursos e os seus propietarios naturais. A pandemia mundial é, seguro, o aviso máis certeiro de que debemos rectificar, en opinión de Xosé Abad

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00