Más deportes
FÚTBOL SALA

A RFGF pon en marcha a campaña de nadal

Campaña solidaria da RFGF, neste partido gañamos todos, que conta con Lucas Vázquez e Vanessa Sotelo como padriños

A RFGF pon en marcha a campaña de nadal solidaria / RFGF

Ourense

A Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol aprobou na súa última reunión a posta en marcha da Campaña de Nadal Solidaria´´ Neste partido gañamos todos´´, unha iniciativa na que a Federación pretende crear un tsunami solidario con todo o fútbol galego para recoller o maior número posible de quilos de alimentos que serán entregados a diferentes entidades e asociacións repartidas por toda Galicia para estas lles fagan chegar eses productos de primeira necesidade aos que máis o necesitan.

A campaña solidaria de Nadal conta coa colaboración de Gadis, de todos os estamentos federativos e agarda contar coa masiva participación de todo o fútbol galego na recollida de alimentos para os máis necesitados.

Todos os que queiran participar poden doar alimentos a través das delegacións federativas (A Coruña, Ferrol, A Costa, Santiago, Pontevedra, Ourense e Vigo) e todo recibido será entregado a diferentes entidades e asociacións repartidas por toda Galicia.

O Comité de Adestradores organiza un Boxing Day Solidario telemático de fútbol o día 28 con confederencias de Monchi e Quique Setién e outro de fútbol sala o día 29 con Paulo Roberto e Ferrao. O pico máximo de espectadores en cada xornada converterase en quilos de alimentos.

A xornada de liga do 19 e 20 de decembro será a do ´´ Gol Solidario´´. Todos os goles marcados polos equipos galegos de fútbol e fútbol sala converteranse en balóns que se regalarán a nenos e nenas en situación de exclusión social.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00