Excelente participación do Ben Cho Shey no campionato galego de medio fondo e fondo
Excelente participación e resultados da Escola Atlética de Pereiro de Aguiar- Ben Cho Shey no campionato galego de medio fondo e fondo en Pontevedra
Ourense
No campionato galego Sub 10-Sub12 e Sub 14 de Medio Fondo e Fondo en Pontevedra, a Escola Atlética Pereiro de Aguiar-Ben Cho Shey, participou con dúas atletas femeninas, conseguindo unha excelente participación e resultados:
Lara López Sánchez, Sub 10, era finalista nos 500 metros (8ª posición no computo global), gañadora da súa serie con marca persoal 1: 42.83.
Naroa Pereira Tesouro, Sub 14, puso o broche ao esforzo realizado durante unha tempada atípica, cunha medalla de bronce nunha proba na que facía a súa primeira incursión, 200 metros e cunha excelente marac de 7: 20,12, gañadora tamén da súa serie o que lle faría subir o podio no terceiro lugar. Este rexistro pasa a ser mellor marca do Club, marca que posuía Verónica Ventosela Pato desde o ano 1998.