Lunes, 19 de Abril de 2021

Otras localidades

Política municipal

De exalcalde de Ribadavia a vicepresidente segundo da Deputación de Ourense

Baltar nombra a César Fernández trala moción de censura de Ribavia

César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e o presidente Manuel Baltar

César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e o presidente Manuel Baltar / Deputación Ourense

Ribadavia xa ten nova alcaldesa. Noelia Rodríguez comeza a súa xestión no concello despois da moción de censura feita ao popular César Fernandez. Porén, o exalcalde pasa a ocupar desde este mércores a Vicepresidencia Segunda da Deputación de Ourense.

O presidente da Deputación, Baltar asinou hoxe o decreto, segundo o cal o deputado provincial por Ribadavia asume este cargo,  as competencias en Dinamización do medio rural e os asuntos da institución provincial na comarca do Ribeiro, así como a dependencia da xestión do centro cultural “Marcos Valcárcel” e do Teatro Principal.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

Por unha banda, Baltar,  valoraba positivamente “o reforzamento político que supón para a Deputación que César Fernández asuma responsabilidades de coordinación dos temas relacionados cunha comarca fundamental no desenvolvemento económico da provincia de Ourense como é a do Ribeiro”.

Por outra banda, César Fernández agradeceu a confianza outorgada por parte do presidente Baltar e dixo que nestes momentos “son necesarias institucións fortes que respondan aos desafíos e garantan servizos públicos de calidade, baseando a súa actuación na planificación, a previsibilidade e a seguridade xurídica”.

Esta nova supón unha sorpresa perante á recén saída de Fernández do Concello de Ribadavia, cuxo cargo pasa a estar ocupado pola socialista Noelia Rodríguez.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?