Lunes, 12 de Abril de 2021

Otras localidades

Cifras positivas na xornada de vacinación do Hospital Comarcal de Cee

O centro sanitario administrou 246 das 300 vacinas programadas

Hospital Virxe da Xunqueira

Hospital Virxe da Xunqueira / Sergas

A primeira xornada de vacinación masiva na Costa da Morte deixou un dos mellores datos de asistencia dos rexistrados en Galicia. No Hospital Comarcal estaban chamados 300 veciños para recibir a primeira dose do fármaco de Astra Zéneca, dos que asistiron 246, un 82% dos citados.

O Sergas explica o 53 casos de inasistencia como supostos de individuos que renunciaron por algunha causa, tiñan algún tipo de contraindicación que recomendaba non recibir a vacina ou algunha excepción.

O datos do Hospital da Costa da Morte é, porcentualmente, o segundo mellor dos rexistrados no país, só por detrás da vacinación efectuada en Santiago da Cidade da Cultura, onde asistiron o 82,40% dos 2000 convocados. En A Coruña, presentáronse o 78,35% das 3700 persoas que recibiran o SMS da convocatoria do Sergas.

O rexistro acadado no centro sanitario de Cee é notablemente superior ao acadado noutros hospitais de dimensións similares. O 82% sobre 300 vacinas previstas supera o 73,67% acadado en Monforte cunha convocatoria de 300 veciños. Na Mariña presentouse o 79,40% dos 500 citados. En Valdeorras administráronse o 78,80% dos 250 chamados a vacinación. En Verín o rexistro caeu ao 74,50% de 250 convocados, na mentres que no Hospital do Barbanza foi un 77,25% dos 400 requeridos.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?