Lunes, 12 de Abril de 2021

Otras localidades

A Costa da Morte

Os traballos invisibles da Costa da Morte

O sector textil esmorece na bisbarra co peche progresivo de numerosos talleres

Taller textil

Taller textil / Pekic (Getty Images)

A pandemia que nos acompaña no último ano está a supoñer o tiro de graza ao sector textil da comarca. 2021 se está a confirmar coma o ano no que pechan a porta os poucos talleres que inda sobrevivían no noso territorio. Fontes sindicais falan de máis de 200 empregos perdidos, inda que a cifra ameaza con ser bastante superior. As vítimas teñen un perfil (muller e en moitos casos de máis de 40 anos) con evidentes dificultades para reenganchar no mundo laboral.

Nunha bisbarra con evidentes problemas en materia de creación de emprego resulta chamativo o silencio que está a rodear a extinción deste sector. O peche dunha industria con más de 200 epostos de traballo acostuma a estar a acompañada de mobilizacións na rúa, solidariedade veciñal e lea política. O feito de que este fechamento teña lugar aos poucos, pinga a pinga, está a provocar que o declive estea a pasar prácticamente desapercibido.

Fisterra, Corcubión, Carnota, Pazos, Malpica, Buño, Berdeogas, Ponte do Porto, Cee... o ronsel de localidades que perderon os seus talleres nos últimos anos é prácticamente interminable. Poñen o punto e final a moitas historias de empoderamento nun ámbito, o rural, onde o papel da muller estaba excesivamente encasillado. A finais os anos 80 o modelo de cooperativas textís agromou por todo o territorio costeiro. Mulleres xoves, e non tan novas, agrupábanse para ser donas de sí mesmas. Co modelo cooperativo obtiñan acceso a un mercado laboral hostil con elas e no que, ademáis, agora conseguían ter unha porcentaxe da propiedade do seu propio negocio. Chegaban os primeiros salarios e aparecían as mulleres en primeira liña na dirección dos negocios. Tres décadas despois, en 2018, pechaba a última das cooperativas existentes da bisbarra, a de Corcubión, deixando sen emprego a 13 mulleres. Dende aquela, os talleres textis que sobrevivían xa o facían baixo o rexime doutras figuras xurídicas, nas que a propiedade xa non era colectiva, pero seguían a dar emprego a decenas de mulleres. De vagar, o sistema de produción volveuse contra estas pequenas industrias. En moitos casos os encargos de traballo carecían dunha periodicidade concreta, alternando momentos de actividade desmedida con semanas sen pedidos á vista. No medio desa dura supervivencia aparece unha pandemia mundial que acaba por botar a pique uns negocios que xa se mantiñan a flote con evidentes dificultades.

Boa parte dos empregos perdidos na última década non se recuperaron. Moitas das extraballadoras destes talleres inda non teñen a día de hoxe outra actividade, mostrando así que ser muller, vivir no rural e ter máis de corenta anos, sigue a ser un problema á hora de optar a un posto de traballo. Un problema de magnitude que, sen embargo, se está a manifestar envolto no máis extrano silencio.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?