Miércoles, 21 de Abril de 2021

Otras localidades

Fitness

Como deixar K.O á astenia primaveral

Sentirse cansos, irascibles ou desganados pola chegada da primavera pode combatirse con deporte

A astenia primaveral pode durar entre unha ou duas semanas

A astenia primaveral pode durar entre unha ou duas semanas / Pexels

Estás canso, sen ganas de facer nada, de mal humor ou falta de apetito sen motivo? Pois acouga, pode que estés a sufrir a coñecida astenia primaveral. Esa sensación desaparecerá, pero que o faga antes ou despois pode estar na túa man.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

A astenia primaveral débese fundamentalmente á coincidencia dunha serie de factores ambientais coma o cambio de tempo, a subida das temperaturas e da presión atmosférica, o aumento das horas de luz diúrna, o cambio de hora e á modificación da rutina diaria.

Pero o verdadeiramente importante é que todas estas circunstancias inducen no organismo humano unha serie de mecanismos que alteran a regulación dos ritmos circadianos mediante un cambio na secreción de determinadas hormonas: endorfinas, cortisol, melatonina, etc

Plantarlle cara á astenia primaveralé posible, so fai falta ganas de vencer a preguiza. Co deporte poderemos sacudir antes esa sensación do noso corpo, ainda que  é normal sentir que perdimos forma física porque non somos quen de facer o mesmo esforzo que o mes pasado, isto é un espellismo. "Non debemos ter presa, ir pouco a pouco e adentrarnos en diámicas de traballo que nos leven de menos a máis. Se nos tocaba adestrar forza e non podemos, deixámolo ou adaptámonos ás esixencias corporales do momento", explica Isaac Videchao dende Centro Taico.

Saír a correr, ir nadar ou senderismo son algunhas das alternativas que  nos axudarán a combater á astenia primaveral. Calquer tipo de actividade deportiva que se poida realizar en contacto da natureza "será tremenedamente positiva". E igual de importante é exercitarse coma comer devidamente. Videchao advirte de que a falta de apetito pode ser un síntoma da astenia primaveral, pero hai que facer por comer. Por unha banda porque a alimentación é tan importante coma facer deporte e pola outra porque evitará que recurramos a comida basura e, consecuentemente, pobre en nutrientes.

 

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?