Ocio y cultura
Cine

A película "Cuñados" preestréase en Ourense

O filme está rodado integramente na provincia de Ourense

O Teatro Principal acolle a preestrea de Cuñados / Portocabo Portocabo

Ourense

O Teatro Principal de Ourense acolleu a premier mundial de Cuñados, a primeira longametraxe de ficción producida por Portocabo. Porén, o filme chegará ás salas o 9 de abril con 120 copias dispoñibles en todo o país.

Cuñados supón o salto á longametraxe de Toño López, que sinalaba que "esta é unha comedia de case criminais, alegre, alborotada e vitalista para todos os públicos que basea o seu humor en facer leña das miserias humanas cun toque de tenrura e compaixón, e que tal vez nos sirva tamén para ver as nosas propias miserias e torpezas con máis sentido do humor”.

No acto estiveron presentes Alfonso Blanco -director xeral da produtora-, Xaime Arias -director de Proxección Social da CRTVG-, Román Rodríguez -conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia-, e Manuel Baltar -presidente da Deputación de Ourense-, entre outros.

Ademais deles, na cidade das Burgas tamén quixeron estar presentes algunhas das caras máis recoñecidas e queridas do panorama cinematográfico galego que forman parte do elenco: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, Iolanda Muiños ou Mela Casal. A ocasión serviu para volver ver xuntos a varios membros de Lamatumbá, unnha das bandas máis representativas da música galega co seu aire festivo e de verbena e a encargada de poñer a banda sonora a este filme.

O filme conta coa participación de RTVE, Televisión de Galicia e Movistar e coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). En Cuñados colaboraron a Deputación de Ourense e D.O. Ribeiro e está rodada integramente na provincia de Ourense.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00