Última hora

Muere un hombre en San Esteban de Pravia (Asturias) a causa del temporal

Economia y negocios
A Costa da Morte

A xustiza anula o ERTE de XEAL

O TXSG revoga o expediente iniciado pola empresa entre abril e xullo de 2020

XEAL cee / Cadena Ser

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular o ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego) presentado por Xeal nas súas factorías de Cee e Dumbría, así como nas centrais hidroeléctricas entre o 21 de abril e o 3 de xullo de 2020.

A principal consecuencia desta sentenza é a obriga para empresa de aboar os salarios non percibidos durante o ERTE, ademais da devolución ás arcas públicas das cantidades pagadas polo SEPE (Servizo público de Emprego).

Durante o confinamento o Comité de Empresa puxera de manifesto a súa disconformidade coa medida adoptada pola empresa. Mentres as factorías propiedade de Ferroglobe, anterior propietaria das fábricas de Cee e Dumbría, traballaban a pleno rendemento aproveitando o baixo prezo da enerxía, na Costa da Morte XEAL paraba os fornos. Na operación de compra desas fábricas había un compromiso para que as plantas da Costa da Morte recibisen un trato similar ao dos centros de traballo de Ferroglobe. A maiores, dende o sindicato CIG lembran o carácter "esencial" das industrias electrointensivas, o que provocou que ningunha delas optase por entrar en ERTE durante o confinamento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00