Martes, 11 de Mayo de 2021

Otras localidades

Nigrán

Prohibido fumar en Patos

O Concello de Nigrán sumará este ano de xeito experimental a Patos á 'Rede Galega de Praias sen Fume'

Praia de Patos

Praia de Patos / Concello Nigrán

O Concello de Nigrán sumará este ano de xeito experimental a Patos á ‘Rede Galega de Praias sen Fume’ nun segundo intento do goberno local de que a iniciativa da Xunta sirva de ferramenta concienciadora tras probar só coa Madorra e As Canas no 2016 sen gran impacto.

O motivo desta elección é que este areal, xunto con Praia América, é o máis senlleiro de Nigrán, coa particularidade de que está totalmente vinculado á cultura surfeira porque aquí se iniciaron nos anos 70 os primeiros surfistas da comunidade atraídos polo seu estilo salvaxe, sendo precisamente o obxectivo do goberno municipal dar un paso máis de cara ao benestar físico e medioambiental que representa prescindir do tabaco.

Patos é o sitio por excelencia para promover hábitos de vida saudables e onde normalizar o non-fumar”, incide o alcalde, Juan González, quen presentou a solicitude formalemente a semana pasada despois de que a nova xefa territorial de Sanidade, Natalia Botana, animara persoalmente ao rexedor a volver a adherir a localidade á rede.

Desde 2019 o Concello de Nigrán instala cabicheiros artesanais na entrada das principais praias coa mensaxe ‘Area sen Cabichas’ para que alí se depositen e co obxectivo de apelar á responsabilidade da cidadanía..

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?