Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Vimianzo

A alcaldesa de Vimianzo absolta da acusación por prevaricación administrativa

Ao non interpoñerse ningún recurso a resolución é firme e arquívase a causa

Mónica Rodríguez / Concello de Vimianzo

Mónica Rodríguez

Vimianzo

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, queda absolta da acusación de prevaricación administrativa por parte do portavoz de Adiante Vimianzo, Manuel Antelo, no relativo ás “irregularidades na contratación do alumeado de Nadal do ano 2019”.

Segundo informan dende o concello o auto de instrución do Xulgado de instrución nº1 de Corcubión indica que non se xustificou debidamente a perpetración do delito que motivou a causa, polo que decretouse o sobresemento das actuacións.

Ao non interpoñerse ningún recurso por ningunha das partes, esta resolución é firme e procédese a arquivar a causa.

A alcaldesa asegura non estar “sorprendida” cualifica a sentenza de novo “revés xudicial” para Antelo e asegura que se trata de “unha proba máis de que a carreira política do señor Antelo está tocando fondo” e que “hai moito tempo que o seu primeiro obxectivo deixou de ser traballar polas veciñas e veciños de Vimianzo”, senón que “ten entre cella e cella acabar comigo e con este goberno, pero parece que o único modo de actuación son as denuncias administrativas e as calumnias”.

Mónica Rodríguez engade que “calquera manobra por parte de Antelo non servirá para desestabilizarme, tanto a min como aos meus compañeiros e compañeiras, senón que son un revulsivo para continuar co traballo diario que facemos por Vimianzo”.

Por último agradece o apoio e a confianza do seu equipo e á xente que confiou nela asegurando que "o único interese que me move e me moverá será traballar por e para o noso pobo”,

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00