Sociedad
Reportajes

Serfuja, a outra cara da pandemia

Malia que a incidencia da Covid--19 diminúa, dende SERFUJA piden que non se esqueza o vivido

Jorge Balado, xerente do Tanatorio As Gándaras / CADENA SER

Lugo

A luz comeza a verse ao final do túnel. Tras sumar máis de 80.000 falecementos e máis de tres millóns de contaxiados por Covid-19, as cifras en Galicia baixan ata os 1.100 casos activos e unha incidencia acumulada inferor a 50. Porén, que as árbores non nos impidan ver o bosque.

Dende o comezo da pandemia foron milleiros de  persoas, de famlia, que viviron un auténtico drama. Falecementos inespertados, sen despedida, ingresos en UCI... A vida deu un xiro de 180 grados. Nunca antes vivíramos algo semellante, e por iso debemos aprender o pasado para poder mirar cara ao futuro. 

Coa chegada do verán, das altas temperaturas e a baixada de casos activos de coronavirus, tendemos a relaxarnos. A máscara incomoda, a distancia social queda esquecida e o xel hidroalcoholico faisenos máis pegañento. Por iso, antes de que podas cometer unha destas infraccións sen pensar nas consecuencias queremos que escoites, e vexas, a outra cara da pandemia.

SERFUJA, a outra cara da pandemia
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00