Sociedad
A Guarda

A Guarda renuncia a Bandeira Azul na praia de Area Grande al non contar con socorristas

Os demais servizos si están garantidos como a análise de auga cada 15 días, o panel informativo, a recollida selectiva, a limpeza manual do areal e o aseo

Un socorrista / Concello de A Guarda

Vigo

O Concello da Guarda renunciou ao distintivo Bandeira Azul na praia de Area Grande ante a imposibilidade de cumprir co compromiso de dous socorristas durante toda a semana. Nun comunicado aseguran que tentarán atender con socorristas a praia sempre que sexa posible durante as fins de semana. Os demaís servizos si están garantidos como a análise de auga cada 15 días, o panel informativo, a recollida selectiva, a limpeza manual do areal e o aseo.

Cada verán contratábanse 6 socorristas para as praias do Muíño e de Area Grande. A pesar dos esforzos realizados tan só se puideron contratar a 4 socorristas. Nos últimos anos a problemática de contratar a socorristas formados e titulados en espazos naturais está sendo bastante común en Galicia.

En definitiva, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de socorrismo de luns a domingo de 12:00 a 20:00h ao ser unha praia con maior afluencia de bañistas polo que o  número de incidencias adoita ser superior.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00