Humor
Noticias virales

A pancarta dunha voda en Vila de Cruces faise viral nas redes sociais

Sen dúbida, a voda entre Tania e Toño será coñecida por unha gran parte de galegos despois de que os "amigos" do noivo colgasen esta pasada madrugada unha pancarta con gran enxeño e retranca a escasos metros de onde Toño rexenta unha carnicería

Pancarta viral dunha voda en Vila de Cruces / Instagram

Vila de Cruces

A cabeza non para! Se quedaba algunha dúbida da capacidade dos galegos para empregar a retranca e roubar unha boa risada, aquí queda completamente desbaratada. Non sabemos se a voda de Tania Arias e Toño Mosquera, veciños de Vila de Cruces, pasará a historia polo ben que se xantou nela ou polos bailes de sobremesa, porque non casan ata o 28 de agosto, pero o que sí está asegurado é que será unha das vodas máis pregoadas.

Os causantes desta liorta son os amigos do noivo: Matías, Santiago, Diego Pallares Javito, Javier Mella, Javier Pampín, Alfredo, Adrián, Ander e David Rodríguez, que tirando de picardía colgaron unha pancarta de catro metros cadrados a pouca distancia da carnicería que rexenta o futuro marido. Foi a súa profesión o que lles serviu para dar renda solta á imaxinación: "Moita rubia galega, pero o carniceiro vaise coa morena", acompañado do selo de calidade de Ternera Gallega e dunha fotografía da parella. 

Sen dúbida, moitos veciños do concello do Deza quedaron abraiados esta mañá cando atravesaron a vila. Pouco despois traspasou fronteiras ó convertirse en viral a través das redes sociais como Facebook, Whatsapp e Instagram.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00