Domingo, 26 de Septiembre de 2021

Otras localidades

Concursos

O Proxecto Ágora pon en marcha un concurso de fotografía con 40.000 euros en premios

O obxectivo do certame é recoller os dez principios da Rede Ágora a través de imaxes retratando as transformacións de calidade na provincia

Concurso fotografía proxecto Ágora

Concurso fotografía proxecto Ágora / Cadena SER

Abordar a importancia e a prioridade das persoas no espazo público dende todas as perspectivas. Ese é o obxectivo do proxecto Ágora da Deputación de Pontevedra e por iso vén de lanzar oficialmente #FotoÁgora, un premio de fotografía sobre o espazo público con vocación internacional que repartirá 40.000 euros en premios, e que pretende recoller os dez principios da Rede Ágora, baseados no espazo público como un dereito e na filosofía das ‘persoas primeiro’, en imaxes de calidade que amosen as transformacións urbanas das vilas e cidades da provincia.

Segundo explica o deputado de Mobilidade e Espazo Público, quérese aproveitar o auxe da fotografía urbana, unha disciplina ou corrente que concibe á cidade como un ecosistema na que o ser humano se relaciona entre si e coa arquitectura da contorna. Así, anima a fotógrafas e fotógrafas profesionais e afeccionadas tanto galegos como internacionais a achegarse aos conceptos do modelo Ágora e retratar como as persoas fan uso dos espazos públicos de calidade cando son recuperados para elas fronte á invasión do automóbil.

O departamento de Mobilidade pretende que este certame amose de maneira visual a filosofía do proxecto, poñendo de relevo moitos lugares na provincia que poden servir de exemplo de espazos públicos deseñados e executados con calidade nos últimos anos.

O deputado Benítez amosou a súa confianza no alto nivel dos traballos que se presenten pola alta contía dos premios, que poden incluso atraer a figuras internacionais do gremio. Segundo explicou, a contía total dos recoñecementos ascende a un total de 40.000 euros que se repartirán nun primeiro premio de 6.000 euros, nun segundo de 4.000 euros, unha recompensa de 2.000 euros para as mellores fotografías de cada unha das categorías referidas aos dez principios Ágora, así como outros 20 accésits de 500 euros.

As bases do concurso foron hoxe publicadas oficialmente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e están colgadas na páxina da Deputación en tres idiomas.

As categorías nas que participar –cada persoa poderá entregar un máximo de cinco- correspóndense con cada un dos 10 principios que promulga a Rede Ágora, premiándose as fotografías sobre actuacións realizadas, exclusivamente, no espazo público da provincia de Pontevedra que mellor reflictan cada un deles: O espazo público é un dereito; As persoas primeiro; Mobilidade inclusiva; Autonomía infantil; Mobilidades alternativas; Espazos seguros; Hábitat saudable; Espazos amables e de calidade; Actividade económica de proximidade; e Mobilidade sustentable.

Valorarase a capacidade da fotografía para mostrar a importancia dos principios que rexen a rede Ágora e tamén a calidade técnica da imaxe por parte de un xurado de persoas expertas que se fará público na web da Deputación e en redeagora.gal.

O procedemento para a participación será similar ao que xa existe para o certame de Novos Valores do Museo de Pontevedra. Inicialmente as persoas interesadas deben entregar un formulario de preinscrición para despois –no prazo dun mes-, entregar os traballos de maneira anónima en formato dixital xunto ao seu título e a descrición da localización do espazo público fotografado, aos que se lle asignará un código alfanumérico. O servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación custodiará o emparellamento do código da preinscrición co da validación da solicitude e só cando o xurado conceda os premios se coñecerá a autoría das fotografías gañadoras.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?