Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
A Costa da Morte

Rematada máis da metade da obra de dragaxe no porto de Laxe

Dragado do Porto de Laxe / Radio Nordés

Dragado do Porto de Laxe

Laxe

O presidente Xunta visitou hoxe o porto de Laxe para comprobar a fase final das obras de dragaxe que se están realizando por segundo verán consecutivo. Feijóo asegurou que estes dragaxes son obras difíciles e complexas pero moi necesarias “para dar seguridade á xente que traballa no porto e dar máis capacidade de captura e comercialización”.

Salientou que esta obra, que conta cun orzamento de 3,6 millóns de euros, está completada nun 50% e está previsto que remate nuns meses se as condicións meteorolóxicas o permiten.

O presidente explicou que a Xunta realizará estudos para dragaxes en 30 portos autonómicos.

Feijóo incidiu no proxecto de posta en valor e promoción da lonxa de Laxe que contribúe a dar visibilidade aos produtos da pesca costeira artesanal, á forma de vida dos mariñeiros e á cultura mariñeira. A maiores a adquisición de material expositivo permitirá realizar eventos e exposicións itinerantes e está previsto crear un gran mural na fachada sur da lonxa.

Tamén están en execución obras para mellorar a eficiencia enerxética da lonxa e da fábrica de xeo da confraría cun proxecto de instalación de paneis fotovoltaicos e estase a fornecer a lonxa de dúas máquinas hidrolimpadoras.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir