Cee cobrará unha taxa polos caixeiros aos bancos que non teñan oficina
Costa da Morte
Continúan as reaccións dos concellos da Costa da Morte polos peches de oficinas bancarias.
Logo da retirada dos fondos própios do concello por parte dos gobernos de Vimianzo en Abanca, e Cee e Camariñas no Banco Sabadel como medidas de protesta ante o peche das sucursais neses concellos. Agora a alcaldesa de Cee Margot Lamela vai un paso máis aló e anuncia que establecerá unha taxa polos caixerios automáticos. Os bancos pagarán por ocupación da vía pública.
O concello ceense elaborará unha ordenanza municipal que obrigue ás entidades bancarias que só dispoñan de caixeiro, sen atención presencial, ao pago dunha taxa sempre que estea na liña da fachada dos inmobles e os usuarios necesitan ocupar a vía pública para o seu uso.
En Cee o Sabadell anunciou o peche da súa oficina o vindeiro 18 de outubro, dende ese día a máis cercana será a de Muros a uns 40 km. O peche do Sabadell en Camariñas obrigará aos clientes a desprazarse ata Ponteceso para poder ser atendidos presencialmente.