Jueves, 21 de Octubre de 2021

Otras localidades

Mos

Mos clausura o "Mos Peregrino" a dúas semanas do inicio dun novo Obradoiro de Emprego

A Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou na entrega de diplomas aos 20 alumnos/traballadores participantes

Taller de empleo

Taller de empleo / Concello de Mos

Mos clausura o seu Obradoiro de Emprego “Mos Peregrino” a 15 días do comezo dun novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, desprazouse este luns ata o Concello de Mos para a clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Mos Peregrino” na que estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.

“Mos Peregrino” é un Obradoiro Dual de Emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun importe de 346.946 €, no que participan ata pasado mañá e desde fai 9 meses 20 persoas desempregadas do municipio.

Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.

A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino.

Así, tras a entrega de diplomas na Axencia de Colocación, Secretaria Territorial da Xunta, representantes municipais, alumnado e equipo directivo e docente do Obradoiro, desprazáronse ata un destes entornos mellorados, na Veigadaña, parroquia de Petelos, onde construíron unha fermosa área de descanso na que xa son moitos os peregrinos que paran para facer uso dela e gozar da súa agradable e tranquila contorna.

A concelleira Julia Loureiro Campo e a rexedora local mosense destacaron esta mañá np acto de clausura a prioridade do proxecto “Mos Peregrino” en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionais, pero que as novas técnicas e propostas de materiais, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos. Por elo, o alumnado-traballador formouse durante estes meses en especialidades formativas, tales como: Edificación e Obra civil-Albanelería e colocación de pedra; e Madeira-Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?