Sociedad
Cee

Operativo antidroga en Cee

A Garda Civil está a rexistrar dúas vivendas na vila da Xunqueira

Operativo da Garda Civil en Cee / Radio Nordés

A Coruña

A Garda Civil está a desenrolar unha operación antidroga en Cee dende primeira hora desta mañá. Uns 30 axentes da Benemérita, varios deles das unidades de intervención, irrumpiron en dous domicílios nos que efecctuaron sendos rexistros.

A operación estase a desenrolar inda nestes momentos e sobre a mesma decretouse o segredo de sumario. Os rexistros efectuados polos axentes tiveron lugar no número 33 da rúa Rosalía de Castro e no número 1 da rúa da Magdalena. En ambos incautaron sustancias estupefacientes e, inda que sobre o terreo se confirma ter efectuado detencións, fontes oficiais inda non precisan cantas.

Veciños desas rúas sinalan esas vivendas como lugares onde "había moito trapicheo". Nun dos domicilios rexistrados reside un veciño de Cee que xa se relacionou co tráfico de drogas noutras ocasións.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00