Dimite o portavoz e responsable local do PP en Ponteceso
Costa da Morte
Nova crise política en Ponteceso coa dimisión do portavoz dos populares, Daniel García. Unha dimisión irrevogable por perda de confianza nos seus compañeiros e na dirección provincial do Partido.
A decisión ven motivada polo nomeamento doutra compañeira do grupo, Marta Carrillo, como Portavoz do grupo municipal.
Daniel García deixa o seu posto como presidente da xestora local e solicita a baixa de militancia no partido pero mantén a súa acta de concelleiro polo que pasará ao grupo dos non adscritos.
Dende a dirección provincial solicítanlle que deixe a acta e a poña a disposición do partido. Esperan que a partir de agora o grupo municipal tome o rumbo correcto no seu traballo de oposición, que pasa por denunciar as veces que faga falta ao a deixadez e falta de traballo do PSOE. Culpan ao alcalde Lois García Carballido facer de Ponteceso un concello ingobernable.