Dous ouros e unha prata para a rítmica pavillonista
III Torneo C.R. Milenium
Ourense
Desprazáronse a Coruña 18 ximnastas dos clubs Pavillón e Escola Pavillón para disputar o Primeiro Torneo Presencial antes da cita do 23 de octubro en Ourense. O Torneo foi sen público e retransmitido en streaming.
A primeira ximnasta en competir foia Ainara Álvarez, do Club Escola Pavillón. A pesares de levar apenas dous meses preparando a modalidade individual, realizou un pase con poucos erros, con moita marxe de mellora. Ocupou o posto 9º da clasificación na categoría cadete base individual.
O conxunto infantil do Club Ximasia Pavillón Ourense de nivel base nacional constituído por Martina, Maya, Xisela, Sheila, Leire, Daniel e Grettel, realizaba un exercicio case impecable Viravolta Santiago Respectivamente.
O conxunto alevín da Escola Pavillón (Daniela, Mónica, Laura, Nicole, Noa, Lara e Sofía), tamén de base nacional, cumpliu tamén excelentemente nesta primeira competición e obtiveron igualmente o ouro. A prata e o bronce foron para os dous conxuntos do Club Escola Acordes desta categoría.
Competían tamén os catro ximnastas individuais masculinos (Damían, Eduardo, José e Patrick) en categoría prejunior. Aínda que cos erros lóxicos desta fase de preparación de exercicios, José Vázquez foi 2º empatado con Alejandro Pazó do Club Agarimo, Eduardo Montero foi 5º, Patrick Celis 6º e Damián Diosdado 7º. O ouro foi para Juan Vázquez do club Ausarta.
Quedan apenas dúas semanas para que teña lugar en Ourense a fase autonómica clasificatoria para o Nacional Conxuntos Base no que os clubs Pavillonistas buscan a praza con estes conxuntos alevín e infantil base ademáis do xuvenil base. Na mesma xornada de 23 de octubro competirá Ainara Álvarez no clasificatorio para a Copa Individual Base e xa o mesmo día en xornada de tarde serán os conxuntos infantil absoluto os que buscarán unha das dúas únicas prazas por categoría para a Copa de España de conxuntos. Será a primeira competición de rítmica con público, iso sí restrinxido, que terá lugar dende marzo de 2020.