Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Transporte público

O persoal de Vitrasa suspenderá os paros indefinidos o vindeiro luns 18

A concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo convocou o comité e unha xuntanza o vindeiro día 21

Autobús de Vitrasa / Cadena Ser

Autobús de Vitrasa

Vigo

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, vén de anunciar que suspenderá os paros indefinidos o vindeiro luns 18 despois de que a dirección da compañía convocase a representación do persoal a unha xuntanza, que terá lugar o día 21.

Con todo, dende o comité queren deixar claro que retomarán as mobilizacións -incluíndo unha convocatoria de folga total indefinida- no caso de que as negociacións rematen sen acordo.

Ao mesmo tempo, anuncian a celebración dunha asemblea o sábado 23 para informar ao conxunto do cadro de persoal sobre o resultado das conversas e dos seguintes pasos a dar no caso de que non se poña fin ao conflito laboral.

Finalmente, dende a representación sindical agradecen o compromiso do persoal de condución coa loita contra o exceso de xornada, para rexeitar os incumprimentos da empresa e en demanda de melloras laborais e animan os traballadores/as a continuar secundando os paros do mesmo xeito que o veñen facendo até o próximo luns 18.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir