Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Economia y negocios | Actualidad
Cee

Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións por un convenio digno

Entrevista a Alfonso Mouzo, presidente do comité de traballadores de XEAL (08/11/2021)

Entrevista a Alfonso Mouzo, presidente do comité de traballadores de XEAL (08/11/2021)

04:53

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1636393716_294705/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Cee

O comité de XEAL acordou retomar o calendario de mobilizacións semanais en resposta ás pretensións da dirección de deixar decaer o actual convenio de empresa e pasar a aplicar o convenio provincial do metal da Coruña, de condicións salariais, laborais e sociais inferiores. Deste xeito, a primeira concentración terá lugar o mércores día 10, ás 17:15 horas, diante da fábrica de Brens (Cee).

A estratexia da empresa, denuncia o comité, pasa por dilatar de xeito indefinido as negociacións até provocar a caída do convenio. XEAL bota así man dun dos aspectos máis lesivos da reforma laboral de 2012 que limitou a vixencia dos convenios, unha vez caducados, a un só ano para recortar dereitos económicos, laborais e sociais do persoal.

Ademais, coas mobilizacións tamén se quere reclamar á dirección un calendario para o rearranque dos fornos parados, que contemple datas concretas e previsións de produción de cara ao vindeiro ano. Xa que consideran que é de todo ilóxico e irresponsábel continuar recortando a actividade produtiva das fábricas cando está medrando a demanda de ferroaliaxes no mercado internacional e cando a propia FerroGlobe (provedor e cliente único das plantas de Cee e Dumbría) requiriu que se puxeran en marcha dous fornos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00