Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Semana de Cine Submarino bucea dende a Antártida ao cantábrico

O ciclo cumpre 30 edicións co compromiso de servir como foro de debate e divulgación

Vigo

A XXX Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, volve atoparse co seu público durante os dias 17, 18 e 19 de novembro, tras suspenderse en 2020 polas restricións da pandemia. Con trinta edicións ás súas costas, o ciclo mantén a súa filosofía inicial cando se puxo en marcha en 1986 para converterse xa entón nun foro de divulgación e debate co fin de preservar a vida mariña. O público volverá a gozar das mellores producións internacionais e, nesta ocasión, os temas nos que afondará serán desde a vida oceánica ata o máis próximo como é a costa cantábrica. Posteriormente a cada proxección, celebrarase un debate posterior que contará cun invitado.

O mércores, dia 17, a Semana arrancará con Pristine Seas: Protegiendo los mares, producida por National Geographic e asinada por un coñecido da Semana, o mergullador Enric Sala, con quen o espectador viaxará polos océanos na procura da salvar a vida que habita neles. Sala amosa nesta peza como eran os océanos hai centos de anos e por que temos que protexelos. Un traballo de dez anos no que Sala e o seu equipo viaxan aos lugares máis salvaxes e remotos do planeta, os últimos recunchos nos que os mares aínda non están enfermos pola polución ou a sobre-pesca. A segunda produción desta primeira xornada será Secretos del océano, do cántabro Enrique Talledo, traballo que foi recoñecido na categoría de Divulgación Científica nos premios Ciencia en Acción 2020 e Baradilla de prata ao mellor documental en Cimasub.

Talledo, quen será o protagonista do debate desta xornada, afonda no mesmo obxectivo de Sala e logo de gravar nos cinco continentes, logra acceder coa cámara a comportamentos nunca vistos tanto en augas tropicais como en frías coa misión de preservar toda esa riqueza.

O seguinte día, o xoves, 18 de novembro, o público poderá gozar con Peces increíbles, producida por National Geographic, unha peza na que o espectador terá a oportunidade de admirar especies pouco habituais como o tubícula chusco, un peixe totalmente desproporcionado, ou o peixe-ra que apenas pode nadar. A continuación, seguiralle a produción Mar da minha terra de Luis Quinta, proxección que contará co seu director como invitado desta segunda xornada. O camarógrafo luso logra neste traballo, que filma entre a Costa da Caparica e o Cabo Espichel, atoparse con viaxeiros oceánicos, moitos deles chegan nunha loita titánica pola súa supervivencia logo de escapar dos grandes depredores. Todo sucede no coñecido como o canón de Lisboa, un abismo que alcanza os 700 metros de profundidade, no que habitan peixes difíciles de atopar. Un documental que dá a coñecer un lugar moi próximo e, á vez, descoñecido.

A terceira e derradeira xornada desta XXX Semana, o venres 19, comezará con Cantábrico Salvaje, de Enrique Telledo para seguir con Océanos profundos de National Geographic. No primeiro traballo, Talledo amosa a gran biodiversidade do Cantábrico, desde enormes cachalotes ata pequenos cabalos de mar ao longo da zona infralitoral de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

Pola súa banda, o audiovisual que pechará esta XXX Semana de Cine Submarino céntrase na Antártida, o lugar máis frío do planeta, e descubrirá como é a vida submarina neste lugar. O invitado deste día será Jesús Souza Troncoso, catedrático de Zooloxía e investigador do CIM (Centro de Investigación Mariña), da Universidade de Vigo que, ademais, buceou neste océano.

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

A XXX Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo terá lugar no Teatro Afundación de Vigo, entidade colaboradora do ciclo. A entrada será de balde ata completar aforamento e as sesións comezarán ás 20.00 horas e seguirase rigorosamente o protocolo sanitario vixente.

Toda a información da Semana está dispoñible na súa web:  cinesubmarinodevigo.gal.

María Díaz

María Díaz

Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir