Os traballadores de XEAL apoiarán na Coruña á compañeira vítima de acoso
Entrevista a Alfonso Mouzo (16/11/2021)
07:51
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1637082044_801475/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
O comité de traballadores de XEAL ten convocada unha concentración (Mércores 17, ás 10:30) diante dos xulgados da Coruña en apoio e solidariedade cunha das compañeiras que sufriu acoso laboral e sexual por parte dun superior. A protesta realízase coincidindo coa celebración do xuízo pola denuncia que a traballadora presentou por estes feitos.
Con esta concentración, o comité quere amosar o apoio de todos os traballadores e traballadoras a súa compañeira e ao tempo denunciar a actuación irregular por parte da empresa pois, tras a posta en coñecemento das situación de acoso por parte das vítimas, critica o comité que: "tentou ocultar estas denuncias iniciando un proceso de pesquisas á marxe do establecido no seu plan de igualdade e impedindo deste xeito que o comité e os/as delegados/as de prevención tiveran coñecemento da apertura dunha investigación e puideran participar da mesma, tal e como se establece na lexislación vixente".
De feito, a dirección recoñeceu a existencia de condutas inapropiadas por parte dun superior, pero agora queda esperar a sentenza en firme que diga se esas conductas son constitutivas, ou non, dun delito de acoso sexual.
Dende o comité denuncian ademais, que a empresa deixou nunha situación de desamparo ás traballadoras que sufriron o acoso nomeando un "Defensor do Empregado", xa que o protocolo de acoso establece a constitución dunha comisión de investigación cunha persoa nomeada polas traballadoras, para que poidan estar presentes nos interrogatorios das testemuñas e coas preguntas que consideren oportunas para garantir o equilibrio.