Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Domingo de Andrade, gran protagonista do Día das Artes Galegas 2020-21

Entrevista a Manuel Quintana, Vivindo a Costa da Morte (17/11/2021)

Entrevista a Manuel Quintana, Vivindo a Costa da Morte (17/11/2021)

00:00:0000:06
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Despois de ter que suspenderse dúas veces pola pandemia e unha máis polo tráxico falecemento do Conselleiro de Facenda, este mércores 17 celébrase, por fin, o Día das Artes Galegas 2020-21. Un día que xa sabíamos, dende hai máis dun ano, que ía ter ao ceense Domingo de Andrade como figura homenaxeada pola Real Academia Galega de Belas Artes. Por iso quixemos falar hoxe no Vivindo a Costa da Morte, co seu presidente: Manuel Quintana Martelo.

Con el, repasamos a importancia e o legado dun dos arquitectos máis importantes da historia. Unha biografía que lle serve agora para entrar nunha selecta lista de persoeiros aos que lle foi adicado este día das artes en Galicia: Mestre Mateo, Castelao, Maruxa Mallo, Alejandro de la Sota, Luis Seoane e Domingo de Andrade.

No acto, que se celebra ás 19:00 na Capela do Hostal dos Reis Católicos participarán: o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana; o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Celestino García. Alí estarán presentes, por suposto, a alcaldesa de Cee, Margot Lamela e o técnico de cultura do concello, Víctor Castiñeira.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir